Català · Español · English · Français · 汉语


Logo AgendaConcerts.cat


Busca conciertos por día

AgendaConcerts.Cat. Conciertos y festivales musicales de todo el mundo · Facebook · Twitter | X · Instagram · Threads


Llegir en Català · Leer en Español · Read in English · Lire en Français · 汉语读

Concierto: Tanxugueiras el 29 Mar 2019 en Salón Teatro de Lalín (Pontevedra - España) // Pop Rock Folk

El concierto se llevará a cabo el día 29 Mar 2019 a las 21:00:00. Dirección: Rúa Banda de Música de Lalín, s/n, 36500 . Población: Lalín (Pontevedra - España).

Más información: https://www.enterticket.es/eventos/tanxugueiras-salon-teatro-lalin-327327

Tanxugueiras inicia a finais deste mes a xira de despedida do seu primeiro disco nun concerto no que celebrarán co seu público o premio MIN a mellor álbum estatal en galego acadado recentemente. O lugar elixido para comezar a despedir a súa ópera prima é Lalín, un concello con longa tradición musical. Dese modo, o vindeiro venres 29 de marzo as Tanxugueiras darán conta da evolución sufrida dende a presentación na Sala Capitol en xuño de 2018 no Salón Teatro da vila pontevedresa a partir das 21.00 horas. Durante o concerto descubrirán tamén temas novos que formarán parte do seu novo traballo, o cal se lanzará a finais deste ano. As entradas para o concerto poden adquirirse na web de Enterticket (https://www.enterticket.es/eventos/tanxugueiras-salon-teatro-lalin-327327) ou na billeteira do teatro o propio día 29. O prezo é de 10€ + gx anticipada e 12€ na billeteira. O disco homónimo das Tanxugueiras permitiulles levar a súa música por todo o país cunha xira de máis de 50 concertos en 2018 e tamén internacionalmente por Cuba, La India, Suíza e a terceira parcipiación no Festival Celtic Connections de Glasgow, o que as convertiu nunha das bandas revelación da música tradicional. Da man de Shooglenifty veñen de publicar o single “East West” (https://shooglenifty.lnk.to/eastwestWE), ao igual que colaboraron nunha experiencia única coa banda escocesa e Dayam & Katif (Dhun Dhora) da India e que se pode ver o resultado na canle de youtube de Galician Tunes (https://youtu.be/VqmF2fX5j9g) no mencionado festival. Veñen de recoller o premio estatal da música independente (premios MIN) ao mellor álbum en galego de 2018 na gala celebrada no Teatro Circo Price de Madrid na gran festa da música independente e quedando semifinalistas como grupo revelación. De igual modo, están nominadas como mellor música galega de 2018 nos premios aRi[t]mar e tamén como mellor disco e mellor adaptación dun tema tradicional por Ai, á Ribeira nos XVIII premios Opinión.